Saltar ao contido

Malawi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malawi
 Nome orixinal
Republic of Malawi (en)
Charu cha Malaŵi (tum) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Malawi (it)
Malawi (en)
la République du Malawi (fr) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Malawian (en)
maławiane (vec)
maławiani (vec)
maławian (vec)
maławiana (vec)
말라위인 (ko)
Malawite (fr)
マラウイ人 (ja)
Malaviano (eo)
malawià (ca)
malawians (ca)
مالاويات (ary)
Malavijec (sl)
malawiana (ca)
مالاويين (ary)
مالاوي (ary)
مالاوية (ary)
malawianes (ca)
Malavijka (sl)
malauiana (ast)
malaui (lfn)
ملاوية (ar)
ملاويون (ar)
מלאווי (he)
ملاوي (ar)
Malawiano (io)
Malaviyänan (vo)
malawi (hu)
malauianu (ast)
מלאווית (he)
malawian (ro)
malawiani (it)
malawiane (it)
malawieni (ro)
malawiana (it)
মালাউইয়ীয় (bn)
malawiano (it)
malawiană (ro)
Malávach (ga) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
 Texto lema
Unity and Freedom
The warm heart of Africa
Undod a Rhyddid Editar o valor en Wikidata
 Himno
 Estudado por
Características
 Cultura
 Economía
 Demografía
 Moeda
 Caracterizado por
Implicados
 Xefe de estado
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Banco central
Datas
 Fundación / creación
6 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Precedido por
 Substitúe
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 País
 Xeografía
 Continente
 Capital
Lilongwe (1975 - )
Zomba (década de 1880 - 1975) Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.525.127 (1960)
3.607.383 (1961)
3.693.680 (1962)
3.783.766 (1963)
3.877.229 (1964)
3.973.960 (1965)
4.073.777 (1966)
4.177.347 (1967)
4.286.430 (1968)
4.403.344 (1969)
4.529.749 (1970)
4.666.194 (1971)
4.812.216 (1972)
4.967.159 (1973)
5.129.915 (1974)
5.299.532 (1975)
5.438.226 (1976)
5.668.178 (1977)
5.862.115 (1978)
6.052.940 (1979)
6.236.824 (1980)
6.403.934 (1981)
6.559.281 (1982)
6.731.171 (1983)
6.958.278 (1984)
7.264.519 (1985)
7.667.832 (1986)
8.150.040 (1987)
8.655.185 (1988)
9.105.429 (1989)
9.447.123 (1990)
9.657.518 (1991)
9.759.434 (1992)
9.800.635 (1993)
9.851.737 (1994)
9.964.065 (1995)
10.153.315 (1996)
10.404.259 (1997)
10.700.180 (1998)
11.012.707 (1999)
11.321.496 (2000)
11.623.166 (2001)
11.926.778 (2002)
12.238.739 (2003)
12.569.091 (2004)
12.924.746 (2005)
13.307.535 (2006)
13.713.758 (2007)
14.138.207 (2008)
14.573.338 (2009)
15.013.694 (2010)
15.457.531 (2011)
15.906.483 (2012)
16.362.567 (2013)
18.622.104 (2017)
17.563.749 (2018) censo Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
9.698.995 (2019)
9.958.303 (2020)
10.218.942 (2021)
10.480.456 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
9.168.342 (2019)
9.418.758 (2020)
9.670.800 (2021)
9.924.861 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación rural
15.627.061 (2019)
16.000.221 (2020)
16.370.252 (2021)
16.736.441 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
3.240.276 (2019)
3.376.840 (2020)
3.519.490 (2021)
3.668.876 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
0,303 (1990)
0,309 (1991)
0,319 (1992)
0,327 (1993)
0,326 (1994)
0,367 (1995)
0,368 (1996)
0,369 (1997)
0,369 (1998)
0,375 (1999)
0,374 (2000)
0,38 (2001)
0,386 (2002)
0,393 (2003)
0,4 (2004)
0,406 (2005)
0,415 (2006)
0,423 (2007)
0,433 (2008)
0,445 (2009)
0,456 (2010)
0,463 (2011)
0,47 (2012)
0,478 (2013)
0,487 (2014)
0,491 (2015)
0,498 (2016)
0,505 (2017)
0,51 (2018)
0,519 (2019)
0,516 (2020)
0,512 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano desigualdade
0,325 (2010)
0,333 (2011)
0,333 (2012)
0,342 (2013)
0,346 (2014)
0,351 (2015)
0,357 (2016)
0,364 (2017)
0,369 (2018)
0,376 (2019)
0,378 (2020)
0,377 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Taxa desemprego
   8 % (2014) Editar o valor en Wikidata
 Taxa nataliade
33,598 (2019)
33,233 (2020)
32,859 (2021)
32,611 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa mortandade
6,611 (2019)
6,706 (2020)
6,983 (2021)
6,934 (2022) Editar o valor en Wikidata
 PIB nominal
12.602.334.124 $ (2021)
13.164.667.627 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa imposto sobre valor engadido
   16,5 % Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   118.484 km² Editar o valor en Wikidata
 Voltaxe doméstica
   230 V Editar o valor en Wikidata
 Esperanza de vida
67,353 a (2023)
66,037 a (2022)
64,782 a (2021)
65,216 a (2020)
64,995 a (2019)
64,464 a (2018)
63,914 a (2017)
63,223 a (2016)
62,661 a (2015)
61,932 a (2014)
61,02 a (2013)
59,927 a (2012)
58,667 a (2011)
57,263 a (2010)
55,745 a (2009)
54,177 a (2008)
52,63 a (2007)
51,163 a (2006)
49,846 a (2005)
48,735 a (2004)
47,843 a (2003)
47,169 a (2002)
46,71 a (2001)
46,45 a (2000)
46,355 a (1999) Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   3.002 m Monte Mulanje Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
   37 m Río Shire Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap195290 Editar o valor en Wikidata
VIAF138148995952859751705 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121867269 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasmalawi Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04tr1 Editar o valor en Wikidata
MeSHD008295 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Prefixo telefónico
+265 Editar o valor en Wikidata
 Teléfono de emerxencia
999, 998, 997 e 990 Editar o valor en Wikidata
 Dominio
Enciclopedia Galega Universal: 147916 BNE: XX453562
Wikidata G:Commons C:Commons

Malawi[1][2] (oficialmente República de Malawi, en inglés: Republic of Malawi, en chewa, Dziko la Malawi) é un país situado en África Oriental, limita polo norte e polo leste con Tanzania, polo leste, sur e oeste con Mozambique e polo oeste con Zambia. Non ten costas e está separado de Tanzania e Mozambique polo lago Malawi. A capital é Lilongwe e a cidade máis poboada Blantyre.

Características

[editar | editar a fonte]

Durante o século X o seu territorio foi poboado por inmigrantes e permaneceu rexido por un goberno nativo até 1891, cando foi colonizado polos británicos, que o gobernaron até 1964. Tras obter a súa independencia converteuse nun estado unipartidista baixo a presidencia de Hastings Banda, quen gobernou até 1994. Bingu Mutharika, re-elixido no 2009, é o actual presidente.[3] Ten un goberno democrático e multipartidista;[4] e ademais conta cun pequeno exército que inclúen as forzas armadas, unha mariña de guerra e unha forza aérea. A súa política exterior é pro-occidente e inclúe relacións diplomáticas positivas coa maioría dos países e participa en varias organizacións internacionais.

Atópase entre os países menos desenvolvidos e máis densamente poboados do mundo. A economía está baseada na agricultura, cunha poboación altamente rural. O goberno Malawi depende moito do apoio exterior para cubrir as súas necesidades económicas. O goberno afronta grandes retos no crecemento da economía, educación, saúde e protección do medio ambiente, e estase convertendo financeiramente independente. Ten varios programas de desenvolvemento desde 2005 que se concentran nos puntos anteriores, e o país parece estar mellorando, con grandes avances vistos no 2007 e 2008. Ten un baixo índice de esperanza de vida e unha taxa alta de mortalidade infantil, ademais de contar coa existencia de miles de casos de SIDA.

Existe unha grande diversidade cultural na poboación entre nativos, asiáticos e europeos, con múltiples idiomas e diferentes crenzas. Aínda que existiron conflitos tribais no pasado, no século XXI diminuíron considerablemente e o concepto da nacionalidade Malawi comezou a reformarse. Posúe unha cultura que combina aspectos locais e coloniais, incluíndo deportes, arte, bailes e música.

Artigo principal: Historia de Malawi.

Os habitantes históricos orixinarios, khoisánidos (bosquimáns), foron expulsados do país coa chegada dos pobos bantús provenientes do norte. O país foi coñecido polos occidentais a través das exploracións dos portugueses desde o século XVIII.

A partir de 1859 foi explorado polo Dr. Livingstone. A finais do XIX os británicos tomaron posesión da zona e déronlle o nome de Nyasaland, pasando a formar parte logo da colonia de Rodesia e Nyasaland. Na década de 1950, Hastings Kamuzu Banda regresou ao país para liderar o Partido do Congreso de Malawi (Malawi Congress Party ou MCP). Gran Bretaña concedeulle a independencia en 1964, con Hastings Banda como presidente.

O seu goberno acabou por converterse nunha ditadura, autoproclamándose presidente vitalicio no ano 1971.

A presión das igrexas de Malawi e mais da comunidade internacional impuxéronlle ao réxime un referendo, que se celebrou o 14 de xuño de 1993. Malawi votou a favor dun sistema democrático pluralista.

As primeiras eleccións do 17 de maio de 1994 déronlle a vitoria á Fronte Democrática Unida (United Democratic Front ou UDF) de Bakili Muluzi, que se unira coa Alianza para a Democracia (Alliance for Democracy AFORD). Muluzi foi elixido presidente.

Muluzi impulsou unha nova constitución, que derrogou os privilexios residuais do MCP. O 15 de xuño de 1999, Muluzi foi reelixido fronte a unha coalición formada polo MCP e o AFORD.

En maio de 2004, o candidato á UDF, Bingu wa Mutharika, venceu ao candidato do MCP. Con todo a UDF non logrou a maioría parlamentaria precisa, polo que formou un Goberno de Unidade Nacional. Bingu wa Mutharika abandonou en tanto a UDF.

Política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Malawi.

Desde o ano 1994 Malawi está dotado dun sistema democrático.

Consonte a constitución de 1995, o Président é elixido por sufraxio universal cada 5 anos. O Presidente pode nomear un Vicepresidente pertencente a un partido político. Os membros do gabinete presidencial poden ser escollidos polo Presidente.

A Asemblea Nacional está composta por 193 deputados electos tamén por cinco anos.

A Constitución prevé tamén un Senado de 80 escanos, que representa a todas as rexións así como os grupos con intereses específicos, como, por exemplo, as mulleres, a mocidade ou os discapacitados, mais tal institución non existe polo de agora.

A Constitución prevé un sistema xudicial independente, baseado no modelo inglés, cunha Corte de primeira instancia, unha Alta Corte e unha Corte Suprema de apelación.

A administración local está dividida en distritos baixo a responsabilidade dun gobernador nomeado polo goberno central.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Subdivisións de Malawi.

O territorio malawiano está dividido en tres rexións, Central, Norte e Sur. Estas, á súa vez, están subdivididas en 29 distritos, que á súa vez se dividen en 137 xefaturas tradicionais e 68 subxefaturas. Os distritos son:

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Malawi.
Mapa de Malawi.

País de elevados planaltos, os Shire Highlands no sur e os Nyka Uplands ao norte, Malawi ten o seu cume a 3.048 m no monte Mulanje.

O Rift Valley atravesa o país de norte a sur. Nesta enorme depresión atópase o lago Malawi, o terceiro en tamaño de África. A súa superficie cobre cerca do 20% do país. No extremo meridional do lago nace o río Shire, que tributa as súas augas no Zambeze, 400 km máis ao sur, xa en Mozambique. Polo leste e o oeste, o Rift Valley está valado por vastos e elevados planaltos que se erguen entre 900 e 1.200 m sobre o nivel do mar.

As escarpas de Golomoti.

No norte, os Nyika Uplands, outra meseta, culmina a 2.600 m; os Shire Highlands, de 600 a 1.600 m, están dominados polos montes Zomba e Mulanje, que se erguen, respectivamente, até 2.130 e 3.048 m.

No extremo sur do país, a chaira esténdese entre 60 e 90 m s.n.m.. É nesta zona onde se concentra a maior densidade de poboación da África subsahariana.

As illas de Likoma e Chizumulu pertencen a Malawi, aínda que de feito se atopan entre as augas territoriais de Mozambique, formando uns enclaves.

Lilongwe, capital desde 1974, achégase ao medio millón de habitantes. Blantyre, principal praza comercial, acolle a sede da Corte Suprema do país (a súa poboación superaba xa a finais da década de 1990 os 500.000 habitantes).

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Malawi.
Unha típica estrada do interior de Malawi.

Malawi ten unha renda per cápita de 596 $USD (maio 2008). A súa economía depende principalmente da agricultura. O país ten poucos recursos mineiros explotábeis. Os tres produtos agrícolas de exportación, por esa orde, son: tabaco, té e azucre. A presidencia do goberno ten animado, recentemente, aos campesiños a que cultiven outros produtos alternativos, como algodón [5]. Tradicionalmente Malawi ten sido autosuficiente para o seu alimento básico, o millo, e mesmo na década de 1980 exportou cantidades importantes dese cereal aos países veciños.

A agricultura representa o 38,6% do PIB, acolle arredor do 80% da forza de traballo e representa sobre o 80% do total das exportacións. Un 90% da poboación traballa en granxas autárquicas, de agricultura de subsistencia. Os pequenos propietarios desas explotacións producen unha boa variedade de colleitas, incluíndo o millo maínzo [6], chícharos, arroz, casabe, tabaco, cacahuetes e café. O sector agrícola orixina o 63,7% da renda total da poboación rural, un 65% das materias primas do sector industrial e, aproximadamente o 87% do emprego (datos de febreiro de 2007).

A riqueza financeira está, en xeral, concentrada nas mans dunha pequena elite. As industrias de Malawi están, na súa maior parte, situadas nas proximidades da cidade de Blantyre.

Dada a dependencia dos produtos agrícolas, o comercio de exportación é moi sensíbel aos rendementos decrecentes e ás baixadas dos termos de intercambio comercial. Outro factor que impide o desenvolvemento está constituído polos elevados custos dos transportes, que poden comprender un 30% da súa conta de importacións, pois Malawi debe importar a maior parte dos combustíbeis. Ademais contan a baixa preparación dos seus traballadores, as dificultades para conseguir emprego exterior, a escasa calidade das infraestruturas (viarias, rede eléctrica, auga e telecomunicacións), e os problemas burocráticos internos: corrupción, inadecuación dos impostos e dificultades administrativas para a apertura de empresas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno3.000.0006.000.0009.000.00012.000.00015.000.00018.000.00021.000.0001960197019801990200020102020MalawiEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
Poboación de Malawi de 1961 ata o 2003.

Cunha poboación de 18 millóns, Malawi é un dos países de África máis densamente poboados. A maioría da poboación son negros africanos, que se dividen en varias etnias, sendo os principais grupos os chewa, nyanja, yao, tumbuka e lomwe. A maioría traballa no campo aínda que as cidades están en continuo crecemento. Hai tamén uns 4.000 europeos, sobre todo británicos, e hindustanís, pero supoñen menos do 0,5 % da poboación.

O idioma oficial é o inglés, pero o idioma nacional é o chewa. Tamén se falan outros idiomas bantús.

O cristianismo, cun 70% de adeptos, é a relixión máis estendida (20% católicos, 55% protestantes). Tamén hai unha comunidade musulmá (20% da poboación), descendente dos antigos escravos suahilís. Só un 5% practica unicamente relixións tradicionais.

O nome de Malawi deriva dos maravi, un pobo bantú proveniente da República do Congo meridional que se estableceu na zona hai uns 600 anos. Ao chegar á parte norte do Lago Malawi, os maravi dividíronse. Unha rama, os antecesores dos actuais chewas, avanzaron cara ao sur e asentáronse na marxe occidental do lago. A outra rama, os devanceiros dos actuais nyanjas, desprazouse pola marxe oriental ata alcanzar o sur do país.

As migracións e os conflitos tribais impediron a formación dunha sociedade malawí cohesionada ata o século XX. Aínda que nos últimos anos os enfrontamentos entre etnias e tribos diminuíron, aínda persisten rivalidades rexionais. Malia todo, a idea dunha nación común malawí gana cada vez máis adeptos.

A esperanza de vida é de 43 anos. A media de fillos por muller é de 5,74. O 62,7% da poboación esta alfabetizada. Calcúlase que o 14,2% da poboación esta infectada co virus VIH (SIDA).

Educación

[editar | editar a fonte]

Na actualidade está escolarizado un 80% da poboación en idade de ir ás aulas de educación primaria. O principal problema radica na elevada taxa de alumnado, que atinxe até 80 educandos, ou máis, por docente.

Durante tres décadas Malawi só contou cunha universidade, a Universidade de Malawi, con vaios "colleges", distribuídos entre a capital, Lilongwe, e mais as cidades de Blantyre e Zomba. En anos recentes foron abertas outras tres universidades, en Mzuzu (Universidade de Mzuzu), Livingstonia e Ekwendeni (Livingstonia University) e mais en Nguludi, cerca de Blantyre (Universidade Católica de Malawi).

  1. ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
  2. ↑ González González, Manuel (ed.). "Chewa". Tergal. Consultado o 25/12/2024.
  3. ↑ CIA (2009). "World Leaders" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2010.
  4. ↑ CIA (2009). "The World Fact Book" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2010.
  5. ↑ http://www.tobaccochina.com/englishnew/content1.aspx?id=16188 Arquivado 04 de setembro de 2006 en Wayback Machine..
  6. ↑ Ending Famine, Simply by Ignoring the Experts by CELIA W. DUGGER, NY Times, 12/2/07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]